29 agosto 2012

dia 8 e 9 : Ercaud-Tiruchipally


Hoxe visitamos a estación de montaña de Ercaud...por primeira vez na India sentimos frío de verdade!. Algunhas do grupo tamén din que neste lugar das montañas perciben o lonxe que están da casa.
Ercaud é un lugar especial, a subida na furgoneta pola montaña agasállanos cunha paisaxe fermosa e chea de  monos que rodean a estrada.
Chegamos na noite e podemos pasear polo pobo que nos transmite tranquilidade e moita paz.
Despois de durmir tapadas coa sensación de frío, e un almorzo no hotel que nos hospedamos imos visitar un miradoiro que o estar o ceo ateigado de néboa non nos permite gozar das vistas en todo o esplendor que se intúe.
Visitamos tamén o Rose Garden, un espazo natural con centos de especies vexetais especiais e no que nos atopamos con moitas mulleres que traballan nel.
Rematamos a visita nunha lagoa en pedaletas!!!!
De novo a furgo e de regreso a oficina en Tiruchipally


Vanakkam!!!