Despois
do almorzo e de prepararnos coas nosas mellores galas, vestidas co churidar e
co bindi na fronte, estábamos listas para coller un autobús diferente ao “butterfly”
e comezar tamén un día diferente. Chegou o día da excursión!!
Despois
dunha hora de viaxe, chegamos ao templo de Thanjavur. Antes de entrar puidemos
paliar a calor cun saboroso coco verde. No templo puidemos ver a impresionante
arquitectura que poderedes apreciar nalgunha foto.
Acompañadas
por Ambalabanan e Sagayaraj visitamos o templo, onde participamos dun ritual
propio hinduísta, e despois puidemos coñecer algo máis da relixión, ao mesmo
tempo que resolveron as dúbidas e curiosidades que tiñamos acerca do tema.
Xa na
saída fomos visitar un elefante, nerviosas e emocionadas coa idea de que nos
podía comer, xa que nese momento era a súa hora do xantar. Puidemos sacar unha
foto coa súa trompa na cabeza sen ningún percance, todas seguimos vivas!!! aínda
que non nos puidemos librar dalgunha que outra baba. Que grande, bonita e boa
era a elefanta!!
Chegada
a hora do xantar, dirixímonos a un hotel, onde nos deleitaron cunha gran comida
típica da India, diferentes salsas onde non podía faltar o arroz con chapati e
outros pans tan ricos do país.
Rematada
a xornada volvemos para a casa, despois de pasar un gran día.
Aínda
queda moita noite por diante…
Vanakkam!


No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada