Hoxe
empezamos a mañá cun xantar con pooris (outro típico pan indio…)
Na
primeira parte da xornada atopámonos na oficina co grupo de usuarias do Centro
de Atención ás Mulleres, dirixido por Jaibaby.
Contáronnos
os casos polos que acudiron o centro, desde temas de violencia de xénero a
outros de acoso escolar, mediacións por abandonos ou problemas de herdanza por
seren mulleres. O que máis nos chamou a atención do traballo do Centro é a
incrible aceptación e emprego que a comunidade fai del. Hai casos nos que acode
xente que vai por outras persoas ou logra que as mulleres afectadas acudan.
Logo Jaibaby, directora do Centro, contounos
como funciona, e que ela soa nos últimos dous anos atendeu 82 casos, ademais de
ter un teléfono que atende as 24 horas do dia!, algo impensable en Galiza. A
maioría dos casos logran resolvelos directamente ou ben derívanos á policía,
pero cando sucede isto Jaibaby fai o
seguimento das tres vistas que se requiren facer. Todas quedamos abraiadas co
labor e a entrega dela ao centro.
Ao
rematar, despedímonos de María, a presi, con quen tivemos a sorte de compartir
este Vanakkam ata hoxe, sniff…
Despois
compartimos o xantar tamén xa con Bobby, coordinadora do programa da sida, e que
tivemos a sorte de que nos acompañara toda a tarde.
Xa
entrada a tarde tivemos a nosa primeira visita turística ao Templo de Rock
Fortl dedicado ao deus Ganesha , e que
para chegar ao seu cumio tivemos que subir moitas escadas… moitas!!!, pero
valeu a pena porque o que nos esperaba era unha vista sobre toda a cidade de
Tiruchirapally. Alí puidemos sentar nas rochas e desfrutar da vista, a brisa
que corría e a tranquilidade de estar nesas alturas.
Para
rematar o día, Sagayaraj, con todo o mimo e paciencia que o caracteriza
acompañounos xunto con Bobby por diferentes tendas tradicionais onde puidemos
mercar agasallos que seguramente serán
para algunhas das persoas que estades a ler esta crónica!
Por fin
de volta na nosa casiña aquí en Trichy… ducha, cea, enzoufarnos de repelente de
mosquitos!
Vanakkam!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada