Hoxe pola mañá acercáronse ás
oficinas do PDI as representantes de varios grupos de aforro de diferentes
zonas do distrito. Novamente puidemos oír de primeira man as súas experiencias
e nesta ocasión fixémoslles preguntas máis concretas. Así, contáronnos que o
grupo de máis longa duración contaba xa con dez anos de experiencia e o máis
novo con seis meses. Sorprendeunos gratamente a boa man para a resolución dos
conflitos xurdidos no seo do grupo, e o bo aproveitamento da formación
proporcionada pola organización para a posta en marcha dos seus negocios.
Xa pola tarde reunímonos con
algunhas destas mulleres nas súas comunidades, onde nos mostraron os produtos
que elaboran e comercializan, como por exemplo saris, incienso, petiscos de
moitas clases, produtos de limpeza, etc. todos eles artesanais. Algúns incluso puidémolos probar. Que boas as
empanadas!
Destacamos de esta visita o
cambio que elas aprecian na súa vida cotiá como resultado da participación nos
diferentes grupos de aforro, por exemplo poder ter máis facilidades para facer
outras actividades ás que antes non tiñan acaceso, como ir ao banco, asistir ás
reunións do grupo…, o que está fomentando tamén que as súas parellas adquiran
novos roles no ámbito familiar.
Á noite fomos convidadas por
Manimekalai (a muller de Ambal, o director de PDI) á súa casa, onde puidemos
coñecer de primeira man a enriquecedora experiencia vital desta muller e o
importante papel que desenvolve loitando polos dereitos das mulleres. Ao mesmo
tempo puidemos degustar unha típica cea india na que fomos tratadas con moita
hospitalidade e, a verdade, sentímonos
como na casa.
VANAKKAM!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada