29 agosto 2012

dia 11: Karaikal


Por fin coñecemos o lugar habitual de Sagayaraj en karaikal...imos a oficina na que nos atopamos cun grupo de mulleres de grupos de aforro, que a pesar de que o proxecto rematou , seguen activas. De primeira man puidemos coñecer o que supuxo para elas esta iniciativa de PDI e Implicadas tras vivir o desastre do tsunami. Ademais das axudas de emerxencia iniciais, puxéronse en marcha grupos de apoio escolar, obradoiros de capacitación laboral, apoio sanitario, grupos de xénero,...e a día de hoxe algunhas das mulleres beneficiarias dos grupos de aforro, comentan que o proxecto cambiou as súas vidas, xa que agora teñen formación e ata negocios propios que lles permiten vivir mellor a elas e as súas familias. A día de hoxe seguen funcionando os grupos de aforro e tamén unha formación en costura.
Tralo encontro paseamos por karaikal e sentimos o diferente que e estar en Tiruchipalli, máis urbana do que é estar nunha aldea de costa como karaikal.
Na praia, non deixamos de pensar nas ganas que temos de meternos na auga,...algo prohibido aquí pola perigosidade das correntes...
xantar e de novo rumbo a Pondicherry

Vanakkam!