No noso derradeiro día na oficina de PDI en Tiruchipalli , temos un encontro co grupo do Consello de suburbios. Este consello está composto por persoas que veñen dos diferentes proxectos: grupos de aforro e axuda mutua, grupo de voluntariado de xénero, de persoas con minusvalía,...
O consello reúnese periodicamente e deciden aspectos que teñen un cariz máis oficial, como pode ser ir a solicitar necesidades o goberno municipal.
A organización e xestión a levan a partir da elección duns cargos de representatividade, e o fan de maneira sinxela e de consenso; a xente proponse para os cargos e se decide si se secunda ou non. Todos os conflitos os resolven en base a propia filosofía do resto de grupos; de maneira auto organizada e con diálogo e participación.
O rematar a xuntanza entre facer as malas, xantar e despedida das Bobby agasállanos facéndonos nas mans tatuaxes de xena,...cada un máis fermoso e especial.
Nos últimos momentos de estancia nas oficinas nos despedimos con cariño e moito agradecemento as persoas traballadoras de PDI que coidou e nos amosou o seu traballo nestes días con paciencia, xenerosidade e coidado...Grazas a cada unha e cada un deles...
De novo na furgo, emprendemos camiño a Karaikal a coñecer o proxecto xa rematado de Desenvolvemento tras o Tsunami.
Chegamos xa de noite, pero iso non nos impide dar un paseo pola praia e xa poder intuír o que é karaikal e as súas xentes..
Vanakkam!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada