16 abril 2012

Asamblea Xeral de Implicadas/os no Desenvolvemento

Prezadas compañeiras e compañeiros, 

Implicadas/os no Desenvolvemento ten o pracer de convidalas/os a participar na ASEMBLEA XERALDE SOCIAS E SOCIOS que terá lugar o vindeiro 21 de abril (sábado), ás 17:00h en primeira convocatoria e ás 17:30h en segunda, no Centro Sociocultural Fontiñas (Rúa Berlín, nº13, Santiago de Compostela), coa seguinte 

ORDE DO DÍA 

1. Lectura e aprobación, de ser o caso, da acta anterior 
2. Presentación da memoria de actividades 2011 
3. Presentación da planificación de actividades 2012
4. Renovación da Xunta Directiva 
5. Altas e baixas das socias/os 
6. Rolda aberta de intervencións En dita xuntanza sortearase unha fermosísima colcha de la, feita a man por dúcias de persoas que quixeron implicarse e colaborar.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia, que a ser posible, rogamos nola confirmen escribindo ao seguinte enderezo electrónico: secretaria@implicadas.com

11 abril 2012

Precísase voluntariado para realizar actividades de sensibilización en Vigo


Implicadas/os no Desenvolvemento precisa voluntariado para a realización de actividades de sensibilización na cidade de Vigo.

Se eres unha persoa creativa, responsable, crítica e consciente das desigualdades norte-sur e de xénero, non o dúbides: CAMBIA DE PAPEL E FAITE VOLUNTARIA/O!!

Deixa fluir a túa SOLIDARIEDADE donando o teu tempo e as túas capacidades para concienciar á cidadanía galega de que outro mundo é posible.

Agardámoste!!  J

Se estás interesada/o contacta con: secretaria@implicadas.com

28 marzo 2012

A situación no Corno de África


Por Guiomar Iglesias Manrique.
O Corno de África atópase na parte oriental do continente, en fronte da Península arábiga, e está constituído polos países de Somalia, Etiopía, Eritrea e Djibuti. As súas costas están bañadas polo Mar Vermello e o Golfo de Adén e recibe o seu nome pola súa forma triangular en forma de corno.
A crise do Corno de África afecta a máis de 12 millóns de persoas no noroeste de Kenya, este/sur de Etiopía e Somalia na súa totalidade. A maioría da poboación carece de alimentos, auga e cobijo e non dispoñen das condicións sanitarias e hixiénicas mínimas. Os índices de malnutrición son tremendamente alarmantes nestes países, sobre todo en Somalia, onde a ONU estima que decenas de miles de persoas faleceron e outros miles están en risco de inanición e morte pola falta de recursos e axuda.
A catastrófica situación no Corno de África é resultado dunha amalgama de factores que propiciaron a crise humanitaria que se está a vivir na zona e cuxo resultado foi a declaración oficial de fame en Somalia en xullo 2011 por parte das Nacións Unidas.

CAUSAS
As causas desta situación son un conxunto de variables e xogos de intereses que poden desglosarse da seguinte maneira:
>> Importancia xeo-estratéxica da rexión e os conflitos armados:
O Corno de África é a porta de entrada de Europa ós mercados de Oriente Medio e Asia a través do Mar Vermello e o Canal de Suez, polo que a súa situación xeográfica posúe unha gran importancia dende o punto de vista económico para os países occidentais. 
Por outra banda, foi zona de enfrontamento durante a Guerra Fría, sufriu en 1992 a intervención norteamericana, foi campo de batalla na denominada Guerra contra o terror da Administración Bush, escenario de despregamentos militares para facer fronte a piratería e de rebelións internas, como a guerra de independencia de Eritrea do Estado etíope e o levantamento armado islamista en Somalia. De feito, Etiopía sufriu enfrontamentos internos étnicos e marxistas mentres que Somalia viviu unha guerra civil e na actualidade non conta cun goberno real.
>> Sequía.
A sequía que se vive no Corno de África é unha das peores en moitos anos e está a provocar a crise humanitaria máis atroz do século XXI. As condicións climatolóxicas impiden o desenvolvemento da agricultura, ocasionan a perda de gando e o conseguinte aumento dos prezos dos alimentos, o que hai que sumar a inestabilidade política e os conflitos armados que provocan unha gran inseguridade.

Sen embargo, como moitas organizacións declaran, a crise humanitaria non é froito soamente da seca senón da comunidade internacional. A seca está sendo brutal porque non se tomaron medidas preventivas para atallala, xa que se se houbera prevido non habería desembocado en emerxencia humanitaria. É necesaria un compromiso real e efectivo por parte dos organismos internacionais e dos gobernos para levar a cabo políticas de prevención.[1]
>> Especulación alimentaria.
Unha das causas máis importantes á hora de explicar a fame no Corno de África é a especulación do mercado de alimentos porque este negocio ten unha gran responsabilidade no incremento dos prezos dos alimentos. A alza dos prezos imposibilita que millóns de persoas podan acceder ós alimentos a pesares de que exista un stock capaz de alimentalos a todos.[2]
As normas do comercio internacional aumentan a brecha entre as economías dos países occidentais e os países en desenvolvemento a través das subvencións ós produtos agrícolas. Isto é, os produtos agrícolas subvencionados dos países industrializados entran nos mercados dos países en desenvolvemento a baixo prezo, polo que os alimentos destes últimos non poden competir ó mesmo nivel. A consecuencia é a desincentivación da produción agrícola nacional e a dependencia dos mercados estranxeiros cando eles mesmos son capaces de conseguir unha soberanía alimentaria cos seus propios cultivos.[3]
Por último, cada vez é máis frecuente a compra de terras por parte de multinacionais nos países africanos e como consecuencia os campesiños quedan sen terreos que cultivar para o seu propio consumo. Un exemplo disto pódese ver en Etiopía.

CONSECUENCIAS
O número de refuxiados somalís a principios do ano 2012 chegaba case os 968.000, segundo cifras de ACNUR, e encontrábanse acollidos en polo menos 8 países. O Estado queniano asume 519.997, Iemen 206.655, Etiopía 187.442 e o resto de refuxiados atópanse nos países de Uganda, Djibuti, Exipto, Eritrea e Tanzania.[4] Os refuxiados chegan escapando da fame pero as súas condicións de vida nos campamentos no son especialmente boas debido a falta de infraestruturas, alimentos, auga potable e condicións hixiénicas, xa que moitos campamentos vense desbordados pola incesante chegada de persoas e non contan cos  recursos necesarios para facer fronte a esta situación.
A realidade tornase moi dura non só para os refuxiados somalís senón tamén para as poboacións locais dos demais países que están a sufrir a seca e a crise humanitaria, xa que acollen os desprazados sen contar tampouco con recursos propios. A falta de gando e a escaseza de cultivos fai que a loita polos recursos poña en perigo a estabilidade comunitaria, que é o que está a pasar en Etiopía. Ademais, a falta de auga potable está a provocar infeccións e a transmisión de enfermidades como o cólera e o tifo.[5]
-------------------------------------------
>> A ONGD Implicadas/os No Desenvolvemento desenvolveu dende os seus inicios proxectos de cooperación en Etiopía a través de contrapartes locais. A día de hoxe xa están todos transferidos ás comunidades coas que traballou. 
Na actualidade, Implicadas ten activa a exposición 'Auga para Etiopía'. A exposición reivindica a desigualdade na xestión da auga nos países do Sur, onde a carencia de auga non é un problema de carencia de recursos senón de distribución e uso. Países tan secos como Arabia Saudi (100mm/ano) non experimentan problemas de auga mentres que outros moito máis vizosos, coma Etiopía (500 mm/ano), viven nunha situación de carencia permanente. A falta de investimento en infraestruturas fai que a auga non chegue á poboación.
Esta exposición foi elaborada no marco da Campaña 'Auga para Etiopía' celebrada nos anos 2008, 2009 e 2010. Web da campaña: http://www.augaparaetiopia.org/

16 febrero 2012

Sorteo da gran cesta solidaria de Implicadas

O vindeiro sábado 31 de marzo facendo coincidir co sorteo da Lotería Nacional dese día celebrarase o sorteo da gran cesta solidaria que Implicadas No Desenvolvemento terá exposta no seu local, Avda. das Camelias, 49. Baixo. Vigo.

Consulta o listado de produtos dos que se compón a cesta aquí.

Máis información na nosa web www.implicadas.com

02 febrero 2012

Exposición en Vigo: "Auga para Etiopía"


Do 6 ao 24 de febreiro a exposición "Auga para Etiopía" estará no Punto Xove, en Vigo. Ademáis, o 16 de febreiro, as 19 horas, proxectarase o documental "A Semente: Etiopía". 

Implicadas/os No Desenvolvemento terá exposta "Auga para Etiopía en Vigo, no Punto Xove, dende a semana próxima ata o 24 de febreiro. No mesmo espazo terá lugar a proxección do documental "A Semente: Etiopía" o 16 de febreiro arredor das 19 horas. 

A exposición Auga para Etiopía reivindica a desigualdade na xestión da auga nos países do Sur, onde a carencia de auga non é un problema de carencia de recursos senón de distribución e uso. Países tan secos como Arabia Saudi (100mm/ano) non experimentan problemas de auga mentres que outros moito máis vizosos, coma Etiopía (500 mm/ano), viven nunha situación de carencia permanente. A falta de investimento en infraestruturas fai que a auga non chegue á poboación.

Son as mulleres e nenas as encargadas de percorrer grandes distancias para abastecer á familia da auga que precisa para pasar o día, cargando ás costas os 25 litros que transportan por un terreo escabroso só accesible a pé ou en mula. Esta actividade que cae na responsabilidade das mulleres xunto coas restantes tarefas que deben desenvolver as mulleres ó cabo do día, coma a alimentación e coidado da familia, limpeza do fogar, atender á horta e ós animais, etc, ocasiona que non poidan dispoñer do tempo suficiente para facer uso dos seus dereitos máis esenciais, como son o ocio e tempo libre, a educación, a sanidade, a participación política, social e cultural, etc. 

Esta exposición foi elaborada no marco da Campaña 'Auga para Etiopía' celebrada nos anos 2008, 2009 e 2010. Web da campaña: http://www.augaparaetiopia.org/

19 enero 2012

'Despois da medianoite', nos Cafés Literarios do CDRF de Vigo

A obra de Salma, Despois da medianoite, será o libro que se abordará no Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Se liches esta obra da escritora támil ou tes pensado lela non deixes de acudir a esta cita. 


Sobre a autora do libro:
SALMA (Thuvarankurichi, 1970) é unha das escritoras támiles máis relevantes do actual panorama literario indio. Provén dunha familia tradicional musulmá e dunha aldea próxima á cidade de Tiruchirapalli e como moitas mozas da súa rexión non rematou a escala primaria. Aínda así, dende os trece anos comezou a escribir poesía e máis adiante a publicar en revistas literarias. Durante anos escribiu na clandestinidade, pola oposición da súa familia. A súa obra foi obxecto de críticas destrutivas en sectores literarios polo uso da sexualidade feminina dunha maneira aberta na súa obra e tamén polo contido feminista dos seus escritos. 


Salma ten publicadas varias antoloxías poéticas, e no Café Literario do CDRF de VIgo analizarase a súa novela Irandaan Jaamangalain Kathai (Despois da medianoite), en tradución de María Reimóndez, que participará no acto como relatora.


O club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo conta coa colaboración de Implicadas/os no Desenvolvemento para a selección dalgunhas obras e relatoras.

02 enero 2012

Presentamos o cartel do Implícate! 2012

Como todos os anos publicamos o cartel do Implícate! deste ano. Nos esquezades mercar as vosas entradas.


26 diciembre 2011

Os meus ollos, as túas mans

 Implicadas organiza a segunda edición desta actividade que mestura arte e solidariedade

O vindeiro martes 27 de decembro Implicadas realiza por segundo ano consecutivo un encontro entre o voluntariado e ilustradoras que plasmarán nos seus debuxos o traballo que as voluntarias realizan na organización. O encontro terá lugar na Casa da Xuventude de Lugo (R/ Xesús Bal e Gai s/n), en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00h. Durante esta xornada, ilustradoras e voluntariado compartirán momentos de formación e lecer co fin de poñer en común unha experiencia, unha creación, unha ilustración. O resultado desta xornada será unha exposición itinerante formada polas pezas realizadas durante esta sesión, que percorrerá  a comunidade galega baixo o título, Os meus ollos, as túas mans.

19 diciembre 2011

Puntos de venda da Axenda do Desenvolvemento 2012

Xa podedes mercar a nosa Axenda do Desenvolvemento 2012. Acércate ao noso local: Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra) ou a calquera dos seguintes puntos de venda: 



1. PROVINCIA DE A CORUÑA:

  • ASOCIACIÓN DE MEXILLOEIROS A RIANXEIRA: Muelle s/n. Galpón 9-10. Rianxo.
  • FERRETERÍA DEL PARDO: R/Eugenio Pardo Conchado, 6. CP 15176. Oleiros.
  • PARQUE INFANTIL COCOLOCO: Avda/ Juan Carlos I. s/n.  (Dentro do Centro Comercial Haley). O Burgo. A Coruña
  • CAFETERÍA – CERVEXERÍA ORIXES: Trvs. Iria Flavia, 11. Padrón. A Coruña
  • FROITERÍA LA HUERTA: R/ Viñas de Babilonia. Santa Cruz (Oleiros – A Coruña).
  • CEIP VALLE-INCLÁN ANPA VALLE – INCLÁN: Avda/ Valle Inclán. s/n. Perillo – Oleiros
  • CAFÉ – BAR A REPICHOCA: R/ Orillamar, 13. (A Coruña)
  • TENDA DE ROUPA E COMPLEMENTOS LA MONDA. R/A Gaiteira. A Coruña
  • Expendeduría/estanco nº 3: R/ Real, 2. Pontedeume. 
  • Copistería JOYPA: R/ Real, 22. Pontedeume. 
  • COPY EUME: Avenida Ricardo Sánchez, 19 Baixo. Pontedeume.
  • VIAXES ZAFIRO – TOURS: R/ Pla y Cancela, 51. Baixo. CP 15005. A Coruña.
  • ALIMENTACIÓN DÍAZ CALVO, ANTONIOAvenida Ricardo Sánchez, 13. Pontedeume.
  • HERBOLARIO NENÚFARR/ Julio Rodríguez Yordi, 2. A Coruña
  • ECOTENDA SEARA. R/ Orzán, 14. A Coruña
  • HERBOLARIO MENTA. R/ Rua Nueva, 3. A Coruña
  • DE COTÍO: Xelmírez,26. Santiago
  • COPY A3: Pza de Mazarelos. Santiago
  • PEDREIRA: Home Santo,55. Santiago
  • AMARANTE: San Pedro,67. Santiago
  • COUCEIRO: Pza. Cervantes. Santiago
  • A REIXA-tenda: Mazarelos,9. Santiago
  • AENEA: Irmáns Alvite, 3. Santiago
  • TRISKEL: San Pedro, 30. Santiago
  • EQUISOL: Gómez Ulla,4. Santiago
  • BAR A CAPILLA: A Igrexa de Calo, 24, Calo, Teo. Santiago
  • ARCO IRIS: Taboada. Santiago
  • PAPELERÍA SUCOPIA. Ronda de Nelle, 137. A Coruña
  • CONFECCIONES NEW YORK STYLO. Avda. Finisterre, 242. A Coruña
  • NOVIAS LOTI. R/ José Baldomir, 28. A Coruña
  • COPISTERÍA REGA, S.L. R/ Gregorio Hernández, 14. A Coruña
  • ECOGAIA. Productos ecolóxicos. Mercado de Montealto, 10. A Coruña
  • CAFÉ – BAR CASTELAO.  Paseo da Ribeira, s/n. Rianxo. 
  • CERVEXARÍA GALLAECIA. Praza Castelao, s/n. Rianxo.
2. PROVINCIA DE LUGO:
  •  IMPRENTA/ PAPELERÍA CARLIN CHUZOS S.L.: Avenida de Galicia, 28. Monforte de Lemos. 
  • FROITERÍA  PASCUA: Avenida de Lugo, 57 Monterroso. (Lugo)
  • Libraría TRAMA: Avd. da Coruña 39. Lugo
  • A COVA DA TERRA: R. Nóreas, 12. Lugo
  • XOANIÑA: R. Bon Xesús, 6. Lugo 
  • Libraría D`PAPEL: Monterroso 
  • BAR BRUSELAS. Monterroso
3. PROVINCIA DE PONTEVEDRA:

  • LIBRARÍA ANDEL: Rúa Pintor Lugrís, nº10. Vigo
  •  COPIGAMA: Avda das Camelias, nº48. Vigo
  •  QUIOSCO CANDIL: Avda das Camelias, nº45. Vigo
  •  TINTORERÍA VICUS: Rúa Ecuador, nº43. Vigo
  • LIBRARÍA CARTABÓN: Rúa Urzáiz, nº125. Vigo. 
  •  EL CONTRABAJO: Rúa Venezuela, nº83. Vigo.
  •  RESTAUTANTE O COMAREIRO: Carreteira de Ourense, nº12. Cerdedo.
    Nos próximos días anunciaremos máis puntos de venda.

    15 diciembre 2011

    VII Edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria'

    Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a nosa cita anual coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 8 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na séptima edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Luís Tosar.

    Debido á falta de patrocinios públicos Implicadas/os no Desenvolvemento busca doazóns para pagar os carteis e o equipo técnico do festival Implícate! Dispoñemos de 26 dias para recaudar a cantidade necesaria para a organización do festival. Fai a túa doazón!

    Consulta o cartel do Implícate e toda a información da campaña de crowdfunding na nosa páxina web: www.implicadas.com

    14 diciembre 2011

    Acércate ao Mercanatura, en A Coruña


    O vindeiro 17 de decembro, sábado, e en horario de 10:30 a 14:30h., Implicadas no Desenvolvemento estará presente no Mercanatura, vendendo os seus produtos (bolsas ecolóxicas, cadernos de papel reciclado, camisetas de comercio xusto…) para así poder recadar fondos para seguir adiante e apoiar os proxectos que están en marcha na India, concretamente o de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem.


    10 diciembre 2011

    Cea solidaria de Nadal de Implicadas/ no Desenvolvemento

    Lugar: Santiago de Compostela. Restaurante Casal do Cabildo (Rúa San Pedro, nº18)
    Data: 17/12/2011
    Hora: 22:00H
     
    Organización: A cea será un momento de compartir, de lecer, pero cun carácter solidario, xa que 5€ do custo da cea irán destinados ao noso proxecto de cooperación “Erradicación do infanticidio feminino en Salem”. 

    Para quen: A cea de Nadal que organiza Implicadas/os no Desenvolvemento estará aberta ao voluntariado, ás socias/os da organización e a todas aquelas persoas colaboradoras, amigas ou interesadas en compartir e estreitar lazos coa organización.

    Prezo: 25€.

    Como apuntarse: As persoas interesadas deberán ingresar 25€ na conta de Implicadas (NOVA GALICIA Banco: 2080 0531 11 3040010798) indicando o seu nome e o concepto “cea de Nadal”. Posteriormente deberán enviar un correo electrónico a secretaria@implicadas.com entre o 9 de decembro e o 15 de decembro ás 16:00 horas, no que apareza o nome e axuntando o xustificante bancario de ter ingresado os 25€ na conta de Implicadas. Así mesmo deberán indicar cal é o menú escollido, e dentro deste, cal é o segundo prato elexido.

    Cuberto 0: As persoas que non poidan asistir ao convivio pero que queiran contribuír coa recadación, terán a oportunidade de participar ingresando 5€ na conta de Implicadas indicando como concepto “cuberto 0”.

    Outros: Na cea haberá sorpresas que amenizarán a velada (sorteo axenda 2012, libro, camiseta): Haberá opción a mercar a AXENDA 2012.

    Menú: 
    MENÚ "OMNÍVORO"
    Primeiros pratos:
    - Lacón frío en lonchas
    - Tostas
    - Revolto de setas con gambas

    Segundos pratos (escoller un)
    - Pescada con ameixas
    - Carrilleiras de ibérico estofadas

    Postre
    Bebidas: viño mencía e godello, auga, refrescos
    Café
    Chupitos

    MENÚ VEGANO
    Primeiros pratos:
    - Ensalada
    - Tosta de verduras
    - Salteado de allos tenros e verduriñas con mollo de solla

    Segundos pratos (a escoller un):
    - Rissoto de setas
    - Tallaríns con verduras

    Postre
    Bebidas: viño mencía e godello, auga, refrescos
    Café
    Chupitos

    Apuntádevos á cea e vide compartir un momento de lecer con Implicadas!

    Aquí está a Axenda do Desenvolvemento 2012!

    Xa andabades a preguntar por ela e aquí está: a nosa Axenda do Desenvolvemento 2012. Tan solidaria, fermosa e ecolóxica coma sempre.

    A portada da Axenda é unha ilustración de Iván Sende e forma parte da exposición “Os meus ollos, as túas mans”, que pretende plasmar a visión da cooperación a través dos ollos do noso voluntariado e das mans de ilustradores e ilustradoras galegas.
    A axenda está feita en papel reciclado, deseñada, maquetada e impresa por galeg@s, é pequeniña e manexable. Que máis lle podedes pedir? Pois non lle pidades nada á axenda e pedídenos a nós a vosa antes de que quededes sen ela!

    O prezo da Axenda 2012 é de 10 euros, que van destinados a financiar os nosos proxectos.

    Xa podedes encargala por correo electrónico (info@implicadas.com) ou por teléfono (886111911). A partir da semana
    que vén atoparédela nunha chea de puntos de venda (que anunciaremos neste blog).